Benvidos a páxina de SACANDOVIRUTAS. Son Martín Morales Ferreiro, artesán , e aquí vouvos amosar os meus traballos. Este é un pequeno obradoiro artesanal nunha aldea do concello de Rairiz de Veiga , na bisbarra de A Limia ( Ourense). Aquí elabóranse diferentes artículos en madeira. Obxetos funcionais e decorativos como letreiros, escudos, colgachaves, reloxos, lámpadas, pequenos mobles, escachanoces, esculturas, miniaturas etnográficas, ... Tratamos de que todas estas pezas , elaboradas unha a unha, teñan personalidade propia, con toda a esencia do traballo artesán. Son pezas enxebres, tratando de reivindicar a estética tradicional do mundo rural. Principalmente empregamos madeira de castiñeiro, ainda que tamén carballo, piñeiro silvestre, nogueira, e outras madeiras da zona. As veces recurrimos ao abeto dos paises nórdicos para certos traballos. Non empregamos madeiras tropicais. Principalmente traballamos por encargo, pero tamén acudimos cos nosos produtos a diversas feiras de artesanía. Proximamente acudiremos a BIOCULTURA, no IFEMA de Madrid do 3 ó 6 de novembro e despois do 3 ó 11 de decembro, imos a Milán á maior feira de artesanía de Europa e quizais do mundo: L'Artigiano in Fiera. Nestas páxinas damosvos a coñecer algúns dos nosos traballos, que esperamos sexan do voso agrado. |